O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais da Guarda reciben a visita do equipo de accesibilidade da Asociación San Xerome Emiliani
Este xoves, 3 de novembro, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, mantiveron un distendido encontro no edificio do Concello da Guarda con parte do equipo de accesibilidade da Asociación San Xerome Emiliani.

Nesta visita este grupo de San Xerome trasladou ó alcalde e á concelleira as súas impresións sobre a sinalización, a accesibilidade e a distribución da información que ten polo momento, e que pode chegar a ter, a Casa dos Alonsos. Así, aproveitaron a reunión para tratar diversos temas de accesibilidade e intercambiar opinións e suxestións con respecto á Casa dos Alonsos, edificio que proximamente se converterá na sede consistorial da Guarda.
O alcalde e a concelleira manifestaron a súa vontade de ter en conta estas suxestións, realizadas pola asociación tras observar o interior do edificio, á hora de completar o acondicionamento da Casa dos Alonsos para a súa apertura como edificio do Concello da Guarda.