Maña día 23 de decembro comeza a prestar servizo a nova empresa de transporte público, entre A Guarda e Vigo
A empresa Lugove foi a adxudicataria do novo contrato de transportes licitado pola Xunta de Galicia para o Baixo Miño dentro do PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA.
Hai que destacar que neste novo contrato hai algúns cambios importantes como unha mellor comunicación co CUVI e os hospitais ou unha liña circular entre O A Guarda e O Rosal. Ademais destas melloras haberá unha redución das tarifas para aquelas persoas que utilicen a tarxeta prepago de transporte e para a xente moza.
Nos itinerarios publicados pola Xunta hai un erro referido a A Guarda que se corrixirá nos próximos días. A parada A Guarda (Concepción Arenal, 87) non existe, e hai que substituíla por Rosalía de Castro s/n (Centro Cultural).
Toda a información dispoñible sobre novo plan de transporte, incluídos itinerarios, paradas e horarios pode consultarse na páxina web www.bus.gal. Ademais a empresa dispón dunha páxina web na que publicará os horarios www.lugove.gal.
A información sobre itinerarios pode consultarse aquí
Tag:autobus, bus, transportes