Campaña de información para un uso responsable das TICs
A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda da man de Asvidal, lanza unha campaña de información e prevención sobre un uso responsable das TICS, poñendo de manifesto a necesidade de valorar a importancia que teñen na vida de todas as persoas pero sobre todo o protagonismo que adoptan cando falamos de mocidade.
Reflexionar sobre o tempo que ocupan e a importancia que teñen para a formación, información e ocio das persoas novas. Amosar a necesidade de tomar consciencia sobre o seu uso, valorando o positivo e informándonos dos seus aspectos negativos, axudarán a tomar decisións máis seguras e conscientes e facilitarán as ferramentas necesarias para facer un uso responsable das tecnoloxías de información e comunicación.
O Concello contou con Asvidal, entidade encargada do asesoramento profesional para o deseño da campaña.