Primeira reunión de traballo coas persoas participantes no banco municipal de voluntariado
Onte día 15 de abril tivo lugar a primeira reunión de traballo co grupo de peroas inscritas no Banco municipal de voluntariado do Concello da Guarda.
Esta reunión procuraba dar a benvida e agradecer ás persoas o seu interese en participar e compartir o seu tempo con este proxecto, e iniciar os pasos para perfilar as accións ás que dar resposta e que entre todas/os percibimos como necesarias.
Así e tras debuxar un percorrido por distintas accións levadas a cabo polo concello na área de voluntariado e escoitar as propostas e ideas das persoas voluntarias, sinalamos dúas accións ás que darlle forma a través de accións de voluntariado:
Unha acción situada no ámbito da intervención social e que sería a de acompañamento a persoas maiores que viven soas ou que están moito tempo soas, e coas que interverían en espazos de ocio e sociabilización.
A outra acción sería unha actividade de medioambiental, como a recollida de lixo en praias e a súa posterior transformación dese lixo nalgunha representación artística, como un elemento de concienciación.
O seguinte paso será ofertar unha formación específica para este grupo de voluntarias e voluntarios tratando de facilitar ferramentas para axudarlles a desenvolver estas accións e paralelamente desenvolver estas ideas/accións para a súa posterior posta en marcha.
Convidamos e animamos ás persoas que así o desexen, a unirse a este proxecto de participación que agardamos que siga crecendo.
Máis información OMIX A Guarda
Tag:A Guarda, OMIX, Voluntariado, Xuventude