Aberto o prazo de inscrición para o curso preparatorio de Graduado en ESO de 2017 na Guarda
Un ano máis o concello da Guarda quere por en marcha, para aqueles alumnos que non conseguiron o graduado na ESO, ou aqueles que debido a súa idade xa están fora do ámbito escolar, o curso de educación de adultos preparatorio para as probas libres do graduado da ESO.

Este curso dará comezo na segunda quincena do vindeiro mes de xaneiro e se prolongará ata o mes de setembro do ano 2017. O prazo de inscrición quedou aberto a partir deste xoves 1 de decembro de 2016. Aqueles que desexen facelo, poden anotarse no concello da Guarda na OMIX chamando ao teléfono 986614546 ou no AEDL, no 986610000.
Dende o concello anímase aos veciños e veciñas que queiran mellorar tanto no eido persoal e profesional e que non teñan o título de graduado de ESO a non perder esta oportunidade de formación.