Concentración silenciosa fronte ao Concello da Guarda contra as violencias machistas
O Concello da Guarda únese hoxe luns día 14 de xuño á convocatoria lanzada dende A FEMP pola consternación ante o fatídico desenlace das pequenas Anna y Olivia.
Dende que se comezamos a coñecer os resultados da investigación que confirmaban que sucedera o que se temía, todos sen excepción sentímonos atacados e todos sen excepción puxémonos no lugar de Beatriz, a nai, e no da súa familia e amizades.
Desgraciadamente, o terrible suceso das nenas en Tenerife no foi o único nas últimas horas co mesmo denominador común: aa violencia machista. Ademais de Anna e Olivia, Rocío, en Estepa, Sevilla, 17 anos. E uns días atrás, non fai nin un mes, cinco mulleres asasinadas, unha delas embarazada, e un neno asasinado tamén en apenas unha semana.
Por todas elas, reunámonos en silencio fronte ao Concello este luns 14 de xuño as 13:00h.