A Guarda aplica o Protocolo CES para o control das colonias felinas
• Protocolo CES: préstamo de gaiola-trampa para control das colonias felinas
O Concello da Guarda leva xa varios anos traballando na aplicación do Protocolo CES, que é un método de captura-esterilización-solta, cuxo obxectivo é controlar as colonias felinas que hai actualmente no municipio. Para iso, en ocasións anteriores actuouse, entre outras, na colonia do monte, esterilizando aos gatos e gatas que a forman.
Debido a que aínda existen na nosa vila moitas colonias que non están controladas, dende o Concello quérese avanzar na aplicación do Protocolo CES coa axuda dos voluntarios e voluntarias que queiran participar. Para desenvolver isto, ponse a disposición da cidadanía un servizo de préstamo da gaiola-trampa para, entre todos, ir capturando e esterilizando aos gatos que conforman as diferentes colonias e evitar que proliferen sen control.
Todas aquelas persoas interesadas en colaborar poderán obter máis información dirixíndose ao departamento de medio ambiente do Concello da Guarda a través do 986 61 00 00 ou de medioambiente@aguarda.es