Os participantes do primeiro obradoiro infantil “Decora o teu Nadal” adornan as escaleiras do concello da Guarda
Este pasado sábado 10 de decembro tivo lugar na Casa dos Alonsos o primeiro dos obradoiros de decoración navideña infantís “Decora o teu Nadal” organizados dende o concello da Guarda.
Este pasado sábado 10 de decembro tivo lugar na Casa dos Alonsos o primeiro dos obradoiros de decoración navideña infantís “Decora o teu Nadal” organizados dende o concello da Guarda.
En total realizaranse tres obradoiros, para os cales xa se atopan as prazas completas, no que participan nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. Este primeiro obradoiro tiña como finalidade decorar a casa consistorial da vila. Para isto, os rapaces e rapazas realizaron a versión de menos tamaño dos adornos que comerciantes e veciños e veciñas da vila aprenderon a realizar previamente no obradoiro “Un adorno para o Nadal guardés” de finais do mes de novembro. Os mesmos adornos contan con dous videos titoriais, que se poden ver no Facebook de Cultura da Guarda ou na web www.aguarda.es, nos que se explica como se fan paso a paso.
O seguinte obradoiro estará adicado a decorar a Praza de Abastos e terá lugar o xoves 22 na casa dos Alonsos ás 11’30 horas. O último destes obradoiros terá como motivo central a Recepción Real e se realizará o mércores día 28 de decembro, á mesma hora e no mesmo lugar, como preparación á chegada dos Reis Magos.
Dende o concello da Guarda se agradece aos nenos e nenas, e a todas as familias e veciños, a súa implicación, ilusión e axuda na decoración da vila, que está tendo unha gran acollida entre veciños e visitantes pola súa variedade e calidade.