Ábrese este martes o prazo para pedir a cita para a renovación do DNI nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2017 na Guarda
O Concello da Guarda informa que este martes, 20 de decembro, abre o prazo para que os veciños e veciñas da vila soliciten cita para a renovación do DNI nos meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro ano.

As citas poden pedirse tanto de forma presencial no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 61 00 00.
O día fixado para realizar as renovacións no mes de xaneiro é o 17, sendo o 20 o día para recoller o DNI. En febreiro terán lugar o martes día 14, sendo o 17 o día para recoller o documento. Pola súa banda en marzo as citas son tamén para o día 14 e a data para recollelo é o 17.
Haberá un total de 65 citas para cada unha destas datas..