Chocolate na Praza de Abastos e Música nas rúas amenizarán este xoves 22 de decembro na Guarda
A tan só uns días da chegada do Nadal, A Guarda énchese de espírito navideño e as rúas locen máis fermosas ca nunca. Para amenizar estas festas tan sinaladas, dende o concello da Guarda organízase, este xoves día 22 pola mañá, unha chocolatada na Praza de Abastos.

Ademais, os veciños, veciñas e visitantes que se acheguen o xoves á Guarda poderán desfrutar de Música nas rúas da man do Coro Fuscalheiro. E iso non é todo, xa que segue o seu percorrido polas rúas guardesas a Caravana de Nadal organizada polo mercado do Reló e comerciantes, que durante este mes está a levar o Nadal a tódolos recunchos da vila.
Así pois, anímase a todo o mundo a achegarse o xoves a probar un chocolate quentiño na Praza de Abastos, perfecto para este época e para prepararse para unha das fins de semana máis especiais do ano.