Últimas prazas para os Cursos náuticos de recreo en A Guarda
O Concello da Guarda vai a promover este mes de setembro a formación para obter os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB) e de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).
Últimas prazas vacantes dispoñibles, inscricións a través do teléfono 603 710 721 ou do correo electrónico info@cenfornautica.com
Esta formación realizarase en instalacións municipais a través dunha academia autorizada.
Dende o Concello da Guarda convidamos a que se aproveite esta oportunidade para obter estas titulacións con clases teóricas na Guarda e clases prácticas en Vigo.