O filme infantil “Los Minions”, primeira cita cultural do 2017 na Guarda
O vindeiro mércores 4 de xaneiro proxectarase no Centro Cultural da Guarda o filme “Los Minions” como parte da programación cultural da Axenda da Guarda para este Nadal. A película dará comezo ás 17’30 horas nun evento organizado polo Departamento de Cultura do concello da Guarda.

Deste xeito o próximo mércores, na véspera da Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas da Guarda o xoves día 5, os nenos, nenas e as familias guardesas poderán desfrutar dunha sesión de cine de animación cun filme moi actual. “Los Minions” é unha película derivada do mundo creado en “Gru, mi villano favorito” e conta o pasado, a evolución e os distintos amos aos que serviron os protagonistas amarelos que conquistaron o corazón de millóns de cativos en todo o mundo.
Dende o concello da Guarda convídase a todos os veciños e veciñas a acudir a esta cita co cinema no Centro Cultural para pasar unha tarde, nestas datas tan especiais, chea de risas e boa compañía.