O Concello da Guarda contratará 17 persoas para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais
O Concello da Guarda informa de que proximamente procederá á contratación de 17 persoas para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
O Concello da Guarda informa de que proximamente procederá á contratación de 17 persoas para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
De estas 17 persoas, 11 estarán contratadas a xornada completa durante 10 meses. Dentro deste grupo estarán as persoas destinadas á limpeza viarias, á reparación e mantemento das rúas e á recollida do lixo.
Outras catro persoas terán un contrato de 25 horas semanais durante cinco meses e estarán destinadas á limpeza das praias. Neste caso, increméntase nun mes máis o tempo de duración do contrato con respecto ao ano pasado.
Ademais ofertarase un emprego para un contrato de 25 horas semanais durante 8 meses para a vixianza do Castelo de santa Cruz e outro posto, a xornada completa durante 8 meses, como técnico informático.
En breve o concello da Guarda, previa autorización da deputación provincial, fará a oferta ao Servizo Público de Emprego de Galicia que será o encargado de facer a preselección. Esta será remitida ao propio concello, que realizará a selección final.
Todos aqueles interesados en solicitar algún destes postos de traballo poderá atopar os códigos CNO aos que pertencen cada unha destas profesións na páxina web do concello www.aguarda.es e tamén solicitándoos no Rexistro do propio Concello da Guarda.