Continúa a programación do Nadal na Guarda
• O venres 10 de decembro o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, reserva de entradas xa dispoñible.
• Teatro, música, actividades na rúa, obradoiros…son algunhas das propostas deste Nadal na Guarda
Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continúa este venres día 10 de decembro co Obradoiro “Reutilizando Envases” na Casa dos Alonso ás 18:30h. Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Tamén na xornada do venres 10 de decembro ás21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil” da Escola Galega de Teatro Musical, baixo a dirección de Sara Fandiño.
O Candil, é unha comedia musical interactiva, con música en directo. Como recreación do pasado xénero ínfimo, comunmente espectáculo de cuplé, centra a súa historia na crítica de la moralidade presente (1919). O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso condiciona a vida das tres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.
AXENDA DE NADAL
VENRES 10 DE DECEMBRO
18:30h Casa dos Alonso
Obradoiro “Reutilizando Envases”
Inscrición previa en Omix
21:00h Centro Cultural
TEATRO MUSICAL “O CANDIL”
Reserva de entradas en eventbrite.es
XOVES 16 DE DECEMBRO
20:30h Centro Cultural
CONCERTO DO CONSERVATORIO
VENRES 17 DE DECEMBRO
18:30h Casa dos Alonso
Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 18 DE DECEMBRO
12:00h Praza Avelino Vicente
CANTOS DE NADAL
Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
18:30h Casa dos Alonso
Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla
Acceso libre ata completar aforo
DOMINGO 19 DE DECEMBRO
17:30h Igrexa Parroquial
CONCERTO DE PANXOLIÑAS
Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda
MARTES 21 DE DECEMBRO
18:00h Praza do Reló
CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO
DO 22 AO 24 DE DECEMBRO
ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h
24, de 11:30h A 14:30h
XOVES 23 DE DECEMBRO
De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente
“GADALKA” a cargo do Mago Dani
Espectáculo de maxia individualizada por familias
MARTES 28 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
Reserva de entradas en eventbrite.es
MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
20:30h Centro Cultural
“Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda
XOVES 30 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
Reserva de entradas en eventbrite.es
DO 3 AO 5 DE XANEIRO
CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.
5, de 11:30h. A 14:30h.
MARTES 4 DE XANEIRO
17:30h Alameda
CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
Espectáculo de rúa con animais xigantes
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.
Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:
https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503