A OMIX da Guarda organizou un Obradoiro gratuíto de bixutería de reciclaxe
Dende a OMIX do Concello da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, estase a comezar este ano 2017 cunha forte e destacada oferta de accións de carácter formativo e lúdico para toda a poboación da vila.

Esta pasada semana tivo lugar unha desas actividades na que se combina a acción educativa co ocio no Obradoiro de bixutería de reciclaxe. Este tivo lugar o venres 10 de febreiro de 19 a 21:30 horas no Sinde Vello.
Nesta actividade de balde, os e as participantes puideron asistir a un obradoiro encadrado dentro da corrente do faino ti mesmo/a, cada vez máis demandados, no que aprenderon acerca da elaboración de complementos orixinais, diferentes e renovados. Así, nunha tarde adicada ao ocio, tamén houbo lugar para acadar novos coñecementos e habilidades manuais.