O Concello da Guarda organiza dous cursos de formación gratuítos dirixidos ao sector da hostalaría, do comercio e persoas desempregadas
A OMIX da Guarda, xunto coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do Concello, organiza dous cursos de formación que darán comezo o vindeiro mes de marzo.
A OMIX da Guarda, xunto coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do Concello, organiza dous cursos de formación que darán comezo o vindeiro mes de marzo.
Estes dous cursos están dirixidos principalmente a persoas que traballan no sector da hostalaría e do comercio, pero tamén a desempregados/as interesados nestas accións formativas.
A primeira destas accións é un curso de inglés de atención ao público e se impartirá os mércores de 17 a 19 horas. Ademais tamén se levará a cabo un curso de habilidades sociais e atención ao público. Neste caso, as aulas terán lugar os xoves de 20:30 a 22:30 horas.
Os dous cursos son de balde, darán comezo no mes de marzo e terán unha duración total de 20 horas cada un. Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986614546, nos mailsinformacion@aguarda.ese emprego@aguarda.es ou no perfil de FACEBOOK da OMIX.
O Concello da Guarda organiza dous cursos de formación gratuítos dirixidos ao sector da hostalaría, do comercio e persoas desempregadas