A Guarda subscribe un Convenio para a limpeza de locais municipais co CEE San Jerónimo Emiliani
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o representante do CEE San Jerónimo Emiliani, Ciano Valcárcel, realizaron na xornada deste martes día 28 de xuño a firma do convenio de colaboración para que esta entidade sexa a responsable da limpeza de locais municipais como actividade promocional baixo o Servizo de Portas Abertas, promovendo deste xeito o novo servizo de limpeza que oferta esta entidade.
Unha iniciativa que xurde da necesidade de dar visibilidade a un colectivo que traballa dende fai moitos anos con persoas con diversidade intelectual no municipio da Guarda e na bisbarra do Baixo Miño, favorecendo a satisfacción, o desenrolo e o fomento da súa autonomía.