O Concello da Guarda substitúe as luminarias do campo de fútbol da Sangriña por outras de tecnoloxia led
- O importe destas obras ascendeu a 47.547,26€ facéndose cargo o IDAE do 80% e o Concello da Guarda do importe restante.
O concello de A Guarda ven de rematar as obras de substitución das luminarias do Campo de Futbol da Sangriña.
Estas actuacións foron froito do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e concello da Guarda dentro do proxecto IDAE con cargo a fondos FEDER denominado ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE. O cambio de luminarias permitirá baixar a potencia de 20 KW a 13 KW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 47%.
O importe destas obras ascendeu a 47.547,26€ facéndose cargo o IDAE do 80% e o Concello da Guarda do importe restante.
Esta inversión en aforro enerxético e nunha economía baixa en carbono, vense a sumar a outras actuacións no mesmo sentido levadas a cabo polo concello da Guarda nos últimos tempos como son as materializadas nos BICs do Castelo de Sta Cruz e Monte Sta Trega e o cambio de luminarias na practica totalidade do concello.
Ao mesmo tempo o concello da Guarda, con fondos propios, levou a cabo a substitución das torres que soportan as luminarias por atoparse as mesmas en un estado de deterioro importante
Por outra banda o concello procedeu a renovación do peche frontal do campo de fútbol da Sangriña.
Tag:A Guarda, A Sangriña, Deporte, luminarias led