A Guarda realiza este xoves unha recepción oficial ao deportista Álex Sierpes
- Será o xoves día 6 de xullo ás 19:30h na Casa dos Alonso
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, organiza este xoves día 6 de xullo ás 19:30h unha recepción oficial ao deportista local Álex Sierpes, integrante da Sociedade Atlética do Trega e actual Campión de España nos 1500 metros obstáculos en pista ao aire llibre na categoría Sub 16.
A traxectoria deportiva de Álex Sierpes é digna deste recoñecemento, polo seu esforzo, traballo e sacrificio ao longo destes anos, no cal tivo unha evolución imparable no mundo do atletismo.
O Concello da Guarda convida a toda a cidadanía a participar nesta recepción, a un deportista que leva o nome da Guarda alí onde compite, e que estará acompañado dos seus familiares, compañeiros e compañeiras do seu clube, autoridades locais e demais convidados.
Tag:A Guarda, alex sierpes, Atletismo, Deporte