O LUNS ÁBRESE A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DO VERÁN-DEPORTIVO ORGANIZADO POLO CONCELLO DA GUARDA
A concellería de Deportes do Concello da Guarda abre o luns, día 8 de xuño, o prazo de inscrición para participar nas actividades do “Verán-Deportivo” que se realizará do 6 o 17 de xullo na localidade. Os destinatarios das actividades son todos os nenos e nenas de entre 8 a 16 anos.
O “Verán-Deportivo” ofrece actividades moi diversas en horario de mañá de 9,30 a 13,30 horas. Entre os deportes que os rapaces e rapazas poderán practicar encóntrase a vela, kayac, piscina, remo, hockey sobre patíns e outros deportes na praia.
As instalacións onde se practicarán cada unha das actividades serán a praia de Lamiña, o Club Robaleira, Club Alagua ou O Codesal.
Estas actividades nacen có obxectivo de dinamizar o tempo libre dos rapaces e as rapazas e fomentar a práctica dalgún deporte. Ademais o Concello busca ofrecer diferentes deportes os nenos e nenas e mostrar os clubes onde poder practicalos na vila.
Todos aqueles interesados en inscribirse poden dirixirse directamente ó Concello ou pórse en contacto a través da dirección deporte@aguarda.es. Para a inscrición será necesario presentar a fotocopia do DNI dos pais ou titores, do neno ou nena interesado/a, a tarxeta sanitaria do rapaz ou rapaza e a autorización firmada.
As prazas son limitadas polo que a lista se creará por orde de inscrición. O prezo por praza é de 100 euros e teñen de límite para anotarse ata o 29 de xuño.