A apertura da planta baixa da Praza de Abastos finalmente será o mércores
Debido a cambios de última hora, o Concello da Guarda informa que a apertura da planta baixa da Praza de Abastos tras as obras, será finalmente o mércores, día 21. Nun principio esperábase poder abrir mañá.
Obras
Durante o tempo que a planta baixa da Praza de Abastos estivo pechada leváronse a cabo diferentes traballos. Así, con orzamentos do Concello e da Xunta de Galicia, levouse a cabo o cambio do firme, a instalación dun lavadoiro para que os traballadores da praza poidan limpar as súas caixas e o peixe, a implantación de postos móbiles no medio da planta ou a unificación da estética dos diferentes postos.
O Concello da Guarda pide desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar tanto aos traballadores coma os veciños e veciñas da localidade.