A Deputación concede unha subvención para o programa de actividades deportivas “Multideporte A Guarda”
O Concello da Guarda recibiu, por parte da Deputación de Pontevedra e en base ao Plan de Acción Municipal 2015, unha subvención de 1.500 euros para a realización de actividades deportivas dentro de “Multideporte A Guarda”.
Dentro das actividades celebradas neste programa destaca a celebración da VIII Gala do Deporte e unha actividade náutica de integración.