A Deputación de Pontevedra subvenciona a campaña informativa sobre o novo regulamento do lixo
A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención de 5.942,77€ destinados á campaña de sensibilización e difusión do novo Regulamento de limpeza pública e de recollida do lixo do Concello da Guarda.A axuda, que cubre o custe total da campaña, enmárcase no Plan Concellos 2017, ao abeiro da «finalidade gasto corrente novo dentro da liña 2 do Plan de Obras e Servizos».