A Deputación de Pontevedra subvenciona a renovación da sinalización horizontal da Guarda
A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha subvención por importe de 21.393,93 euros ao Concello da Guarda para acometer un investimento en sinalización horizontal de tráfico e mobilidade. O financiamento enmárcase dentro da Liña 1 (“Investimentos”) do Plan Concellos 2017 da institución provincial.