A Guarda acolle a exposición fotográfica: IX Certame Viaxando
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda informa que a partir do 13 xaneiro o edificio do Concello da Guarda albergará a exposición composta polas fotografías participantes no 9º certame fotográfico Viaxando.
Este concurso está organizado polas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de Xuventude de Tui e nel participan mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega.
A exposición poderá ser visitada no Concello ata o 30 de xaneiro.