A Guarda convida a ofertantes e demandantes de emprego ao uso do Portal de Emprego
O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Xuventude e Formación puxo en funcionamento no pasado mes de outubro, coincidindo coa Feira do Emprego e Formación Ecoimaxín, o portal do Emprego www.empregonarede.gal , un espazo en internet para conectar ás empresas e organismos que precisen persoal coas persoas desempregadas que andan na procura de emprego.
Este espazo, que funciona de xeito totalmente gratuíto, permite inserir ofertas laborais organizada por sectores de actividade económica, facilitando aos demandantes de emprego as súas pesquisas e servindo de canle de comunicación bidireccional.
Este portal web conta cun mapa de localización de empresas, onde se poden situar xeográficamente as empresas que ofertan emprego permitindo ademais segmentar as ofertas por palabras clave, data de publicación, tipo de xornada laboral, sectores, etc.
O proxecto do portal de emprego www.empregonarede.gal xa foi presentado a diversas institución, organismos e empresas da Comarca do Baixo Miño coma, a empresa A Rosaleira, ao Taller de emprego de Tui, a Asociación de Comerciantes ADETO de Tomiño, ORPAGU, Cruz Roja Baixo Miño, entre outras.
Este proxecto está patrocinado polo Concello da Guarda e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.