A Guarda elixida como unha das mellores escapadas para o 2016
A publicación fala do “impresionante” Castro Santa Trega e dos paseos polo Porto
A Guarda foi escollida como unha das mellores escapadas para o 2016 pola publicación especial “Hola Viajes” por España. A revista seleccionou diferentes rutas para facer os 52 fins de semana para o actual ano.
A ruta número 22, escollida para a fin de semana do 28 ao 29 de maio, leva por nome “Miradores del Baixo Miño” e nela resaltan a beleza da Guarda, xunto as curiosidades de O Rosal e de Tui.
Hola Viajes convida a coñecer A Guarda, e destaca, por exemplo o castro Santa Trega como “o mellor e máis impresionante testimonio da cultura galaicorromana”. Ademais incita a visitar este monte “o atardecer cando o sol fúndese co mar”.
A publicación fala tamén das Festas do Monte e do Museo MASAT, onde se recollen restos descubertos no castro.
A revista tamén resalta a beleza do porto. “Da gusto pasear por este porto vindo o ir e vir das gamelas”, e “polas fermosas” praias de O Muíño e A Lamiña.
Este fin de semana na Guarda complétase coa visita de outros concellos do Baixo Miño. Así a publicación salienta a parada “obrigada e gustosa” nas bodegas de O Rosal e nos muíños do Folón e do Picón.
En Tui convidan a pasear polo casco vello e, por suposto, coñecer a catedral, única en Pontevedra e que tamén serve coma un “óptimo mirador”.
Esta proposta de fin de semana, ao igual que as demais, inclúe unha guía práctica para saber chegar, cando ir e o que ver.
A Guarda comparte publicación con sitios tan especiais de España coma as Illas Cíes, a vía verde del Plazaola en Navarra ou Caminito del Rey, en Málaga.