A Guarda nomeará como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez Alfaro
O vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018 terá lugar ás 12:00h do mediodía un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.
Este nomeamento realízase en base ao Expediente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso Fariñas de nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda.
Neste senso proponse a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio.
En palabras do alcalde, Antonio Lomba, “este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético.”