A Guarda oferta esta fin de semana os mellores pratos da cociña mariñeira
Superáronse as expectativas para a primeira xornada cunha gran afluencia de comensais
O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, foi o responsable de dar o pregón da XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira o venres día 6 de xullo ante máis de 200 persoas que se congregaron na Praza do Reló da Guarda.
Nado en 1958 na Coruña, Nancho Novo combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock “Los Castigados sin postre”.
Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo “El Club de la Comedia” e participa coma colaborador no programa radiofónico “Hoy por hoy Madrid” de Radio Madrid.
O seu debut coma actor profesional remontase ao 1988 no teatro de Madrid e proseguiu an
súa carreira alternando traballos no teatro, cine ou series televisivas como “Fariña”.
Como ven sendo habitual a lectura do pregón foi a noitiña, dando o “pistoletazo” de saída a unha fin de semana cargada de actividades que atraen a numerosos visitantes e turistas, así coma a veciños da Guarda e da Comarca do Baixo Miño.
Neste acto, que estivo presentado pola comunicadora Beti Rey, interviron a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o pregoeiro, Nancho Novo, que foi agasallado polo alcalde coa Langosta de Ouro da vila.
Tralo pregón realizouse a apertura da Carpa no Porto da Guarda onde veciños e visitantes degustaron os produtos do mar e da cociña mariñeira. Sobre as 22:30h Nancho Novo realizou o seu espectáculo “El Cavernícola”, obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid.
A afluencia de público e comensais foi moi importante, os restauradores participantes nesta edición din que “superáronse as espectativas para a primeira xornada con creces” “tivemos que facer acopio de produtos que tiñamos para a segunda xornada polo que o balance desta primeira xornada da festa é moi positivo”.
Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizouse un serán mariñeiro contando coas actuacións de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizaron esta noite.
Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira podese degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de Langosta custa 25€, pero tamén se ofertan outras tapas coma percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo… a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema, con racións dende 1,5€.
Programación variada e para todas as idades
Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.
O Domingo 8 de xuño amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.
Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos(non esquezades o bañador!). Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.