A Guarda participa esta fin de semana na “Experiencia ECOTUR”
Esta iniciativa cambiouse de data por motivos meteorolóxicos
O Concello da Guarda participa na “Experiencia Ecotur” que anima aos vecinos e veciñas das dúas beiras do río Miño a gozas das inmellorables paixases e da historia, tanto galega coma portuguesa.
Estas experiencias, que están organizadas por Unimiño, e nas que tamén participan os Concellos de O Rosal e Tomiño, e as Cámaras Municipais de Caminha e Vila Nova de Cerveira, celébrase finalmente este sábado, día 24 de outubro. A data estaba marcada para o sábado 10 de outubro mais tivo que pospoñerse debido o mal tempo.
Actividades
O Concello da Guarda oferta nesta iniciativa tres experiencias diferentes. A primeira, sería unha ruta polas cetáreas e polo porto da Guarda. Esta actividade acompañaría a unha ruta ambiental en kayak polo río Miño, unha visita guiada ao Pazo Valdomiño, en Tomiño, e unha visita guiada aos muíños de O Folón e O Picón, no Concello de O Rosal.
A segunda trátase dunha visita guiada ao Castelo de Santa Cruz e o Museo do Mar. Neste conxunto de actividades tamén encóntrase a visita ó “Aquamuseu” de Vila Nova de Cerveira, a visita ao forte de San Lourenzo e o paseo fluvial de Goián, no Concello de Tomiño e unha visita os petróglifos de Ghorghalado e a Casa dos Oficios no Rosal. Ademais dunha travesía en ferry polo río Miño e a visita ao Centro de Interpretación da Serra D´Arga, no municipio portugués de Caminha.
Na terceira e última, entre O Rosal e A Guarda ofertan unha ruta pola senda dos pescadores do Río Miño. Esta experiencia irá acompañada por un percorrido pedestre na Serra D´Arga e unha visita ao taller de traxes Tradicionais, ambas en Caminha. Ademais haberá unha travesía en ferry polo río.
As actividades teñen límite de participantes.