A Guarda reparte preto de 4.000 euros en premios entre os máis de 200 participantes do Desfile-Concurso de Entroido
Este ano hai un aumento no número de persoas que se inscribiron neste paseo. O Concello convida a todos os veciños e veciñas da localidade a gozar deste entroido
Este martes celébrase na Guarda o Desfile-Concurso de Entroido que este ano repartirá entre todos os participantes preto de 4.000 euros en premios.
O desfile comezará ás 17,30 horas dende a Esquina Famosa, pasando pola Rúa Porto Rico e a Rúa Galicia, ata chegar a Alameda. Durante este traxecto un xurado estará atento a cada un dos traxes para poder votar os mellores disfraces.
Os participantes neste paseo estarán divididos en distintas categorías -carrozas, comparsas, grupos, individual infantil e individual adulto-.
Este ano son máis de 200 persoas, entre adultos e nenos, os que están inscritos para participar neste desfile. Nótase un incremento de participantes na meirande parte das categorías.
Ó término do desfile o xurado deliberará para dar os premios. Tras a reunión entregarán os agasallos na Alameda onde actuará a orquestra YUKATAN.
O Concello da Guarda invita a todos os veciños e veciñas da vila a participar neste entroido e a gozar do desfile e da multitude de disfraces que pasearán polas rúas da localidade.