A MOSTRA “VESTIDOS CON PINCEL, COSIDOS CON AGULLA” AMPLIA A SÚA ESTADÍA NA GUARDA E ABRIRÁ O DOMINGO 3 DE XANEIRO EN HORARIO DE TARDE
O Centro Cultural guardés acolle dende o pasado 10 de decembro esta mostra que nos amosa reproduccións de cadros dos grandes pintores galegos que levaron á súa obra a indumentaria tradicional galega en diversas situacións e momentos.
O Centro Cultural guardés acolle dende o pasado 10 de decembro esta mostra que nos amosa reproduccións de cadros dos grandes pintores galegos que levaron á súa obra a indumentaria tradicional galega en diversas situacións e momentos. Pintores e dibuxantes coma Soutomaior, Carlos Sobrino, Máximo Ramos, Román Navarro ou o mesmo Castelao forman parte dos fondos do Museo de Pontevedra que inspiraron esta colección.
A mostra que foi acollida cun gran interese entre o público guardés polo que veu ampliada a súa estadía na Guarda ata o sábado 9 de xaneiro. A mostra que pode visitarse no Centro Cultural de luns a venres laborables en horario de 10 a 13h. e 17h. a 20h., abrirá tamén este domingo 3 de xaneiro dende as 17h. e o sábado 9 de xaneiro de 10 a 13h.