A OMIX da Guarda organiza un obradoiro gratuíto de Empaquetado creativo o 2 de decembro
Coas datas do Nadal cada vez máis próximas, a OMIX da Guarda quere axudar a todos os que desexen darlle ós seus agasallos un toque especial.
Coas datas do Nadal cada vez máis próximas, a OMIX da Guarda quere axudar a todos os que desexen darlle ós seus agasallos un toque especial.
Con este obxectivo, a OMIX organiza o vindeiro venres 2 de decembro un obradoiro gratuíto, que se realizará pola tarde das 19,30 ás 21,30 horas. Neste se ensinará ós asistentes a facer empaquetados creativos realizados por nós mesmos, dando ideas coas que poder sorprender a familiares e amigos.
O obradoiro conta con prazas limitadas. Para inscribirse ou para obter máis información poden dirixirse á oficina da OMIX no concello da Guarda en horario de mañá ou facer a súa consulta a través do Facebook ou do teléfono 986614546.