Actividades para nenos e agasallo de libros para conmemorar o Día Mundial da Biblioteca
A cita é mañá, sábado 24 de outubro, na Biblioteca Municipal
Mañá, sábado 24 de outubro, o Concello da Guarda conmemora o Día Mundial da Biblioteca.
Durante toda a maña na Biblioteca Municipal, establecida no Centro Cultural, haberá actividades para os nenos e nenas e agasallos de libros para os adultos.
Os rapaces e rapazas, ademais de familiarizarse co espazo da biblioteca, se poderán entreter creando marcapáxinas para os seus libros ou manteis individuais.
Fomentar a lectura
A Concellería de Educación e Cultura busca dinamizar a biblioteca municipal e fomentar a lectura entre os veciños e veciñas da Guarda. Así, ademais de celebrar esta data, están organizadas outras actividades.
Por exemplo xa están en marcha os clubes de lectura no que os seus participantes, tras ler todos a mesma historia, a porán en común e comentarán as súas sensacións.
Tamén están programadas sesión de “Contos Contados” para os nenos e nenas guardeses. Estas actividades serán o primeiro sábado de cada mes, sendo o 7 de novembro a primeira cita.