As alfombras florais enchen as rúas guardesas de xente e cor na fin de semana do Corpus
A Guarda vestiuse de gala na primeira fin de semana de xuño. Decenas de veciñas e veciños traballaron arreo durante a noite do sábado para ultimar os ingredientes e preparar os deseños dos que nacerían ás tradicionais alfombras florais.
O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e María Elena Baz, visitaron durante a noite do sábado ás mulleres, homes, nenas e nenos que se afanaban por ultimar os preparativos, cortando as últimas flores nos baixos das vivendas dos casco antigo e debuxando os deseños nas rúas.
Este ano, participaron na elaboración das alfombras florais un total de 9 grupos veciñais, con cadanseu deseño nas rúas Oliva, Hernán Cortés, Malteses e Concepción Arenal, así como na zona da Ribera, a Praza do Reló e a praza José María Lomba. Ademais de flores, as creadores e creadores das alfombras florais utilizaron materiais como buxo, cortizas ou palla coas que ornamentaron as orixinais alfombras florais.
O casco histórico da vila encheuse de xente na mañá do domingo para contemplar os coloridos tapices, polos que pasado o mediodía transcorreu a procesión do Santísimo.