Aprazado o desfile de Entroido
O Concello da Guarda informa do aprazamento do Desfile- Concurso de Entroido previsto para este fin de semana. Este desfile, que porá fin ós actos de celebración do Entroido 2016, e que congregará ós máis de 200 participantes anotados, celebrarase o sábado 20 ou domingo 21, en función da evolución meteorolóxica.