Aprazados os actos programados para mañá en honor á figura de Rosalía de Castro debido ás condicións climatolóxicas
O mural será pintado polos alumnos de Educación Secundaria o luns, día 29. A marcha dos nenos e nenas dos diferentes colexios se programará dependendo do tempo.
O Concello da Guarda vese obrigado a cambiar de novo a data de celebración dos actos en conmemoración á figura de Rosalía de Castro debido ás malas condicións climatolóxicas.
Desta maneira, mañá xoves, non se poderá realizar nin o mural nin a marcha, ambas actividades organizadas en colaboración cós diferentes centros escolares da vila.
A nova data fixada para pintar o mural será o luns, día 29 de febreiro. Os alumnos e alumnas de Educación Secundaria dos diferentes centros da Guarda pintarán o muro situado na rúa San Bernardo. Con esta actividade a figura desta gran poeta galega quedará latente na vila.
A “Marcha por Rosalía” aínda non ten data fixada pero se informará en tempo para que todos os veciños e veciñas da localidade podan gozar dela. Nesta iniciativa, organizada xunto cós colexios de educación primaria da Guarda, os participantes sairán dende o seu centro a pé portando un distintivo conmemorativo e se concentraran todos na Praza do Reló. Alí se lerá un manifesto para por en valor a figura de Rosalía de Castro e ademais se cantará a canción do poema “Adios ríos, adios fontes”. Por último se lerá un poema conxunto nas voces dos rapaces e rapazas dos distintos colexios.
O obxectivo desta marcha é por en valor a figura de Rosalía no eido dos máis cativos.
O Concello da Guarda quere pedir desculpas polas posibles molestias ocasionadas.