Conferencia “Para que enferma o teu corpo? A relación entre as emocións e as enfermidades” celébrase este venres
A charla, organizada pola Asociación “Érguete Baixo Miño, será no Centro Cultural ás 20 horas.
Este venres, 19 de febreiro, a Asociación “Érguete Baixo Miño” organiza unha charla-coloquio que leva por nome “Para que enferma o teu corpo? A relación entre as emocións e as enfermidades”.
O lugar de celebración será o Centro Cultural ás 20 horas.
Na conferencia se contará coa presencia de Mª Jesús Alfonso, psicoterapeuta, coach e especialista en PNL.
A actividade é aberta e totalmente gratuíta.