Constitución do Tribunal cualificador e data da proba escrita no procedemento de seleccción dun guía no Padroado Monte Santa Trega
Aprobadas mediante Resolución da Presidencia 16/2016, de 13 de abril as bases para a contratación laboral temporal de unha praza de guía turístico para o Padroado Monte Santa Trega, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias, resolve:
RESOLUCIÓN Nº 20 DA PRESIDENCIA DE 6 DE MAIO DE 2016
Aprobadas mediante Resolución da Presidencia 16/2016, de 13 de abril as bases para a contratación laboral temporal de unha praza de guía turístico para o Padroado Monte Santa Trega, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias, RESOLVE:
PRIMEIRO: Tribunal Cualificador:
– Presidente: Don Hermelindo Martínez González, arquitecto técnico do Concello de A Guarda (Titular); dona Lourdes Ruiz Abad, directora do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
Secretaria: Dona Julia María Carrasco González-Alegre, Secretaria da Corporación (Titular); ou funcionario que legalmente a substitúa.
Vocais:
– Dona Soledad Rodríguez Crespo, traballadora social do Concello de A Guarda (Titular); don Ubaldo Zabala Arbulu, profesor do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
– Don Alberto Viso Outeiriño,mestre (titular);dona María Soledad Diz Amil, persoal laboral do Concello de A Guarda (suplente).
– Don Carlos Alonso Rey mestre (titular); Don Víctor Alonso Treinta, profesor do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
– Dona Ángeles Martínez Alonso, mestra (Titular); dona Dona Rosario Guerrero García , persoal laboral do Concello de A Guarda ( suplente).
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
SEGUNDO: A constitución do tribunal cualificador terá lugar o 13 de maio de 2016, ás 12:30 horas, na casa do Concello de A Guarda.
A proba escrita eliminatoria fixada na base cuarta terá lugar o día 13 de maio de 2016, ás 13:00 horas, no salón de Plenos do Concello da Guarda, debendo vir provistos os aspirantes do seu DNI. A celebración das seguintes probas será obxecto de publicación mediante resolución da Presidencia.
TERCEIRO.- Publicar a presente resolución na web e no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
A Guarda, 6 de maio de 2016.
O Presidente do Padroado
Asdo.: Antonio Lomba Baz