Dispoñibles no Centro Cultural da Guarda as entradas para os espectáculos culturais de balde da vindeira semana
A última semana do ano 2016 trae á Guarda diversas actividades de lecer e tempo libre. Entre esta numerosa oferta para amenizar os últimos días do ano, destacan os espectáculos culturais que acollerá o Centro Cultural. Trátase de dúas citas que serán de balde, pero debido a que as prazas son limitadas é necesario recoller os tickets previamente no Centro Cultural.

Por tanto a partir de hoxe xa se poden recoller as entradas par acudir ós dous espectáculos da vindeira semana, que para que sexan válidas é preciso chegar cando menos cinco minutos antes das funcións, e así evitar as aglomeracións.
Un destes espectáculos terá lugar o vindeiro xoves 29 de decembro e leva por nome “Historia dun ilusionista”, o novo espectáculo do “MAGO RAFA”, que dará comezo ás 17’30 horas.
Tamén se poden recoller xa no Centro Cultural as entradas para a obra de teatro “O que hai que ver” a cargo de Fulano, Mengano e Citano que se representará o próximo venres día 30 de decembro ás 21 horas. Esta obra conta en clave de sátira, unha serie de historias actuais, próximas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un cóctel que provocará a risa segura dos asistentes.
Dende a Concellería de Cultura desexan que estes espectáculos sexan de interese para todos os veciños e veciñas da Guarda, e que contribúan a amenizar unhas festas tan sinaladas, sobre todos para os pequenos e pequenas da casa.