Este sábado nova sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal da Guarda
A cita é ás 11 horas.
Este sábado, 5 de decembro, celébrase unha nova sesión de de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal da Guarda. A actividade comezará ás 11 horas e está aberta a todos os rapaces e rapazas da localidade.
A maxia de Nadal chega á biblioteca para que os pequenos lectores gocen dun conto entrañable e fagan debuxos que quedarán expostos na biblioteca como decoración de Nadal.
Esta iniciativa, organizada polas Concellerías de Educación e Cultura dirixidas por Elena Baz, teñen como obxectivo atraer aos nenos e nenas á biblioteca do municipio e ademais incentivar a lectura entre eles.
As sesións de “Contos Contados” se repetirán o primeiro sábado de cada mes.
Con este tipo de iniciativas e con, por exemplo, os clubes de lectura tanto adulto coma xuvenil, o que se busca é dinamizar a biblioteca e motivar a lectura entre os veciños e veciñas guardeses, independentemente da súa idade.