Este sábado sesión de Contos Contados -Día das Letras Galegas- na Biblioteca da Guarda
Este sábado día 11 de maio ás 11:30h da mañá terá lugar a primeira sesión de Contos Contados do mes de maio, adicada especialmente ao «Día das Letras Galegas».
Neste día realizarase un obradoiro adicado a Antón Fraguas, no que os asistentes colorearán as fichas didácticas “Primavera das Letras” con ilustracións inspiradas na vida e obra de Antón Fraguas. Este material é unha iniciativa da Real Academia Galega.
As sesións de -Contos Contados- atraen este ano a numerosos pais e nais, avós e avoas, acompañados dos seus fillos e fillas e netos e netas, incrementando notablemente a participación con respecto a anos pasados.
Dende o Departamento de Cultura convídase unha vez máis a asistir a esta actividade.