Este venres celebrase na Guarda a XIII Gala do Deporte
O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 14 de febreiro da gran festa do deporte guardés coa celebración da XIII edición da Gala do Deporte.
Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.
A gala, que comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, estará presentada polo xornalista Terio Carrera, e están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais da Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.
Tag:2020, A Guarda, galado deporte