Éxito do Certame de microrelatos convocado pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal
Dentro das actividades programadas para conmemorar abril como Mes do Libro na Biblioteca Municipal, a Concellería de Cultura convocou un certame de microrrelatos no que se animaba ós interesados en escribir e contar historias a que presentaran ás súas propostas nun formato breve, que non superara as 150 palabras.
Coa entrega de agasallos por parte do Alcalde da Guarda daba comezo a mostra na que se poderán ler os traballos recopilados.
Dentro das actividades programadas para conmemorar abril como Mes do Libro na Biblioteca Municipal, a Concellería de Cultura convocou un certame de microrrelatos no que se animaba ós interesados en escribir e contar historias a que presentaran ás súas propostas nun formato breve, que non superara as 150 palabras.
Esta convocatoria non tiña carácter competitivo, desexando simplemente outorgar ás “almas escritoras” a posibilidade de compartir co público as súas historias e inquedanzas, xa que tralo período de presentación de traballos, estes quedarían expostos no Centro Cultural. O que si contemplaba a convocatoria era un pequeno agasallo, como compensación ó esforzo, para os participantes. Estes agasallos – que pola natureza do concurso estaba constituido por libros- foron entregados onte polo propio Alcalde da Guarda, Antonio Lomba ós 44 escritores de tódalas idades.
A gran parte dos participantes foron nenos de entre 9 e 12 anos, aínda que tamén houbo nenos máis pequenos e adultos.
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal móstranse enormemente satisfeitas polo éxito que acadou a iniciativa, o que agradecen tanto ós participantes como ós profesores e pais que informaron e alentaron os nenos. Así mesmo inivitan a tódolos guardeses a que se acheguen ó Centro Cultural para poder ler todas estas historias.