Linguaxe de signos e obradoiro de reciclaxe de bixutería, primeiras actividades da OMIX da Guarda para o comezo de 2017
A OMIX do Concello da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, lanza xa a súa primeira proposta de accións formativas e lúdicas para o ano 2017.
A OMIX do Concello da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, lanza xa a súa primeira proposta de accións formativas e lúdicas para o ano 2017. Os cursos ofertados para estes dous primeiros meses de ano son: linguaxe de signos, curso que repetimos tendo en conta a boa acollida da pasada edición e un obradoiro, dentro da corrente do faino ti mesmo/a, de bixutería de reciclaxe (elaboración de complementos orixinais, diferentes e renovados).
O curso de linguaxe de signos terá unha cota por participante de 25€ e o obradoiro de bixutería será gratuíto. Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986614546, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil de FACEBOOK, a partir do día 9 de xaneiro de 2017.