Lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso selectivo de oficiais de servizos varios
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA POLA QUE SE APROBA A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO PROCESO SELECTIVO PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A COBERTURA INTERINA OU CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE POSTOS DE OFICIAIS DE SERVIZOS VARIOS.
Aprobadas mediante Decreto 2017-0969, de 16 de novembro, as bases reguladoras do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego para a cobertura interina ou contratación laboral temporal de postos de oficiaiss de servizos varios, encadradas no grupo C, Subgrupo C1, e rematado o prazo para a presentación de solicitudes polos interesados, ditouse resolución pola que se aprobou a lista provisional de admitidos a este proceso, sendo publicada na sede electrónica do Concello da Guarda así como na súa páxina web.
Transcurrido o prazo establecido nas bases da convocatoria para que os interesados poideran subsanar os defectos que motivaron a súa exclusión, non se presentou ningunha alegación á lista provisional, polo que, de conformidade coas bases da convocatoria e co artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, RESOLVO:
1.- Aprobar a seguinte lista definitiva de admitidos e excluidos:
ADMITIDOS (por orde de entrada no rexistro)
1. GONZÁLEZ AMORÍN, GENEROSO
2. MARQUEZ SALINAS, CARLOS
3. FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, ALBERTO
4. CARNERO CAMPOS, OSCAR
EXCLUIDOS (por ode de entrada no rexistro)
1. RODRÍGUEZ FEIJOO, JOSÉ MANUEL (motivo da exclusión: *1)
2. FAJAR ALONSO, JOSÉ LUIS (motivo da exclusión: *1)
3. VIDEIRA BARCIA, RICARDO (motivo da exclusión: *1)
4. GONZÁLEZ PUMAR, SILVIA ADRIANA (motivo da exclusión: *1)
5. GARCÍA RECAMÁN, ANTONIO (motivo da exclusión: *1)
6. BUGALLO FERNÁNDEZ, JAIME (motivo da exclusión: *1)
*1.) non acredita o requisito esixido na cláusula 3 “Estar en posesión do Certificado de Aptitude Profesional”
2.- Convocar, mediante a publicación desta resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de A Guarda (aguarda.sedelectronica.gal) e na páxina Web do Concello de A Guarda (www.aguarda.es), ós aspirantes admitidos á realización da primeira proba do proceso selectivo, que terá lugar ás 17:00 horas do día 12 de febreiro de 2018 na Escola Obradoiro Manuel B. Portela (Rúa Diego Antonio González, n.º 48 – Fronte ó EROSKI).
3.- Designar o seguinte tribunal cualificador para este proceso selectivo:
PRESIDENTE: José Luis Gil Vicente – Oficial do Departamento de Servizos do Concello da Guarda (titular); Juan José Parada Fernández – Axente da Policía Local do Concello da Guarda (suplente)
SECRETARIO: José Carlos Martínez Crespo – Secretario Acctal. do Concello da Guarda (titular); María Emilia Fernández Rodríguez – Tesoureira Acctal. do Concello da Guarda (suplente)
VOGAIS:
M.ª Montserrat Mariño Álvarez – Funcionaria Auxiliar Administrativa do Departamento de Secretaría do Concello da Guarda (titular); Hermelindo Martínez González – Arquitecto Técnico do Concello da Guarda (suplente)
Angel Álvarez Vicente – Oficial do Departamento de Servizos do Concello da Guarda (titular); Juan Antonio Taboada Veiga – Oficial Xefe da Policía Local de A Guarda
David Aragunde Arppe – Interventor do Concello da Guarda (titular); José María Álvarez Álvarez – Administrativo do departamento de Urbanismo do Concello da Guarda (suplente).
Os interesados poderán recusar aos membros do Tribunal cualificador, no prazo de tres días hábiles dende a publicación da súa composición, cando, ao seu xuízo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.