Manuel Chapela presenta as súa mostra “Auga Salgada” no Centro Cultural
A exposición, composta por unha vintena de óleos con temática mariña, estará aberta ata o próximo 24 de febreiro
O pintor moañés, Manuel Chapela, presentou onte no Centro Cultural da Guarda, as súa exposición que leva por nome “Auga Salgada”. A mostra, que está composta por unha vintena de óleos, ten unha temática mariña. As ondas, os rompetes, as treboadas, ou os barcos, conforman a proposta deste artista autodidacta que navega na súa obra entre o realismo e a imaxinación.
Manuel Chapela na inauguración da exposición, na que estivo presente a Concelleira de Cultura, Elena Baz, e a técnica de Cultura, Teresa Espejo, quixo agradecer a colaboración do Concello nesta exposición. Este artista comentou aos presentes que o que busca con estes óleos é recrear os recordos de todos eses nenos que viven xunto a auga salgada, xunto ao mar.
A Concelleira de Cultura quixo resaltar as cores vivas e o positivismo que desprenden os óleos deste artista . Ademais en moitas das escenas pintadas por Manuel Chapela, Elena Baz, conseguiu encontrar imaxes do propio porto da Guarda. A Concelleira quixo invitar a todos os veciños e veciñas da localidade a desfrutar desta exposición.
A mostra estará exposta na Sala de exposicións do Centro Cultural ata o próximo 24 de febreiro. As súas pinturas xa visitaron, con gran éxito, as principais salas de exposición de cidades coma Vigo, Pontevedra, Moaña, Marín, Tui e Cangas.
O horario de apertura será de luns a venres en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Os sábados só en horario de mañá.