Certame de microrelatos para conmemorar o mes do libro
Dentro das actividade programadas para conmemorar Abril como Mes do Libro na Biblioteca Municipal, destaca o certame de microrrelatos.
Dentro das actividade programadas para conmemorar Abril como Mes do Libro na Biblioteca Municipal, destaca o certame de microrrelatos.
O microrrelato é unha construcción literaria narrativa distinta da novela ou do conto. É a denominación máis usada para un conxunto de obras diversas onde a principal característica é a brevidade do seu contenido. O microrrelato tamén é chamado microconto, minificción, microficción, conto brevísimo, miniconto, etcétera.
Dende o día 1 de abril ata o día 12 de abril se poderán presentar os microrrelatos na oficina de cultura do Concello da Guarda en horario de 9 a 14h., no Centro Cultural ou na Biblioteca Municipal en horario de 10h. a 13h. E 17h. a 20h.
O xoves 14 de abril se fará entrega dun agasallo a tódolos participantes neste certame na Biblioteca Municipal as 17h. e se procederá a pór en exposición todos os traballos recibidos no propio Centro Cultural. A convocatoria está aberta a todálas idades e os requisitos que deben cumprir os traballos son:
1) Os textos estarán escritos en lingua galega
2) A idade para participar é de 3 anos en adiante, estando aberta a toda a poboación
3) O tema do microrrelato é libre
4) A extensión da obra é de 150 palabras máximo, sen incluir o título
5) Os textos deben ser de autoría orixinal e inédita
6) Os traballos se presentarán en formato papel.
Este certame é unha máis das actividades contempladas para conmemorar o mes de abril como Mes do Libro, xa que nes mes coinciden as conmemoracións do día do libro infantil e xuvenil (2 de Abril) e o Día Internacional do Libro (23 de Abril), entre as que que se atopan a proxección de filmes literarios como “O Fabuloso Andersen”, que o pasado 2 de abril nos fixo un percorrido polos mellores contos do famosos narrador danés, ou a versión máis recente de “Los Miserables”, que se proxectará no Centro Cultural o venres 22. Ademáis o sábado 23 Día do Libro, realizarase unha nova entrega de Contos Contados acompañado dun obradoiro de creación de carteis con elementos de refugallo.