O xoves 7 de abril inaugúrase no Centro Cultural da Guarda a Mostra de pintura dos alumnos do Centro San Xerome
A cita será ás 20,30h. e a mostra permanecerá aberta ó público ata o vindeiro 27 de abril, en horario de mañá e tarde.
Os alumnos de Educación de Adultos do taller artístico de San Xerome, impartido por Tamara Garrido Rúa, achegan ata o Centro Cultural Guardés os seus traballos. Estes poderán verse dende o xoves 7 de abril ata ó mércores 27 de abril en horario de 10 a 13h. e de 17 a 20h.
A mostra comezará cun acto de inauguración o 7 de abril ás 20,30h. No que haberá música en directo e degustación gastronómica.
Vinte e dúas obras pictóricas baseadas en tendencias vangardistas como o cubismo, a abstracción e o expresionismo compoñen esta exposición. As técnicas empregadas foron dispares, óleo sobre lenzo, acrílico sobre lenzo ou madeira e técnicas mixtas.
Nesta exposición queda patente coma o debuxo e a pintura son utilizados como un medio de expresión artística e terapéutica, usando a arte-terapia, focalizando as emocións, os sentimentos e os estados de ánimo pode funcionar tamén a xeito de aprendizaxe. Esta terapia axuda ás persoas sen ter en conta as diferentes capacidades, axuda a sentirse mellor con un mesmo e desenrola o talento e a creatividade.
Os participantes Bea Sobrino,Guillermo, Rosa María, Isa ll , AnaDiego, Brais, Ceci, Enma, Raquel, Manuel Jesus, Fabio, Marcio, Maite, Isac, Jona, Juan Maria, Fran,Victor, Pepe, Borja, Benito y Ana Belén, queren agradecer a colaboración de todo o gran equipo do San Xerome e da concellería de cultura do Concello da Guarda.