A semana pasada numerosos veciños e veciñas da Guarda desafiaban ao temporal que estaba a sufrir a localidade para render homenaxe ao fotógrafo Joaquín García Portela, máis coñecido como “Costiña”, con motivo da publicación do libro “Camiños da Imaxe” que …
Unha semana máis o Centro Cultural da Guarda acolleu un destacado evento cultural. A pesar do mal tempo da pasada fin de semana, numerosas persoas achegáronse o venres día 3 de febreiro á presentación da publicación “Camiños da Imaxe”.
O Centro Cultural da Guarda acollerá o sábado 28 de xaneiro, ás 20’30 horas, a presentación do libro “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte”, do historiador e investigador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez.
Este sábado 21 de xaneiro celébrase a primeira cita deste ano 2017 cos Contos Contados na Biblioteca Municipal da Guarda.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz, recibiron este martes 17 de xaneiro no edificio do concello ás asociacións que participaron na campaña “Decora o teu Nadal”.
O día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario e Usuaria das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda quíxose conmemorar ese día agasallando aos tres mellores lectores da Biblioteca no ano 2016.
Alumnas e alumnos de todos os colexios de primaria da Guarda acudiron este mércores e xoves, 11 e 12 de xaneiro, a visitar a mostra “Enerxía, auga e máquinas”.
Este venres 13 de xaneiro hai unha nova cita co cinema na Guarda. Volven neste novo ano as películas proxectadas como parte da programación Invernos de Cinema e, neste caso, o filme que se poderá ver é “Las ovejas no …
A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo para presentar as solicitudes de inscrición no programa Pontegal 2017. O prazo estará aberto do 3 de xaneiro ao día 1 de febreiro.
O vindeiro mércores 4 de xaneiro proxectarase no Centro Cultural da Guarda o filme “Los Minions” como parte da programación cultural da Axenda da Guarda para este Nadal. A película dará comezo ás 17’30 horas nun evento organizado polo Departamento …